Da_batea_e_doutros_mares

5.6.06

Aberto por vacacións



Non estamos tolos, tampouco nos deu o sol na cabeza, o que pasa é que pronto imos de vacacións –que falta nos fan!!- e como nos botaremos de menos, a pesares do que pelexamos ás veces, pechamos as portas do cole e abrimos as follas deste caderno para facermos os deberes e cando teñamos ganas, e dende onde esteamos, tamén valen as illas desertas, abriremos este caderno e contaremos algo do que sentimos, do que descubrimos, do que soñamos...do que botamos de menos, do que nos pete....que para eso estamos de vacacións, tamén podemos mandar fotos de onde vaiamos.

Abrimos 24 horas todos os días e esperámoste.

Vémonos!!